Estimulación Cognitiva

En esta sección plantexanse unha serie de actividades variadas, divididas en seis categorías diferenciadas aínda que fortemente relacionadas entre elas: atención, memoria, linguaxe, cálculo, gnosias e función executiva. Traballarase con dous niveis de dificultade predeterminados en función do grao de deterioro, aínda que se poderá facer unha configuración a medida para adaptarse ás necesidades específicas de cada persoa (para o que será necesario estar rexistrado no portal).

Por motivos de usabilidade non é posible acceder aos exercicios desde unha pantalla tan estreita.

Atención

Imos observar detalladamente, concentrándonos e esforzándonos en reaccionar con rapidez.

Memoria

Estimularemos distintos tipos de memoria como a episódica ou semántica.

Linguaxe

Exercitarase a linguaxe desde distintas perspectivas: o nome das cousas, o significado,...

Cálculo

Practicaremos algúns cálculos necesarios para o desenvolvemento das actividades da vida cotiá.

Gnosias

Traballaremos a capacidade de percibir e recoñecer, de xeito visual, diversos elementos e atribuírlles significado: obxectos, córes, etc.

Función Executiva

Imos traballar as funcións executivas a partir de habilidades como a lóxica, a capacidade de abstracción,...