Presentación

O Programa de Estimulación Cognitiva, Funcional e Alfabetización Dixital é un Programa  dirixido a fomentar o ”envellecemento activo” mediante a estimulación das habilidades cognitivas e /ou funcionáis das persoas maiores de 55 anos, a través do o uso das TIC. Este Programa englóbase dentro de “INOVATE2  Diputación dixital” da Deputación de Lugo,  Fundación TIC e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Aínda que as novas tecnoloxías cada vez máis abranguen un amplo espectro, a estatística amósanos que o uso das TIC nas persoas maiores está por debaixo respecto do resto da poboación. Pode que sexa un colectivo que de entrada se mostre menos receptivo, pero que podería saír moi beneficiado cunha formación axeitada e unha adaptación correcta.

Neste proxecto servímonos das TIC empregándoas nunha dobre vía: ferramenta de estimulación cognitiva e funcional, e ollada de cara á alfabetización dixital, o que se reconvirte finalmente en autonomía persoal, aumento da motivación, participación activa e en definitiva: calidade de vida.

Traballaremos cun programa personalizado e de manexo sinxelo para que o acceso sexa do máis doado e o descoñecemento neste eido non supoña, polo tanto ningún problema. Realizaremos actividades significativas que sirvan principalmente de entretemento e xa de paso nos permita vivir novas experiencias gratificantes e divertidas. Activaremos os seus anos a través de ferramentas útiles, con accións innovadoras, empregando diferentes temáticas e perseguindo obxectivos diversos; sempre tendo en conta as necesidades e os intereses propios e específicos de cada participante, dende un punto de vista tecnolóxico, fomentando e desenvolvendo as habilidades e capacidades persoais coa finalidade última de conseguir grandes avances e acadar unha maior integración na sociedade da información.

As actividades que levaremos conforman xogos de memoria, atención, puzzles, sopas de letras, labirintos… coa finalidade de traballar as áreas cognitivas máis básicas e aquelas outras de máis carácter executivo para favorecer unha activación evitando que ditas función se vaian perdendo e facendo posible que se observe unha melloría naquelas áreas que día a día teñan unha actividade menor ou máis pasiva.

Ademais de todo o citado anteriormente o feito  de traballar coas novas tecnoloxías implica que non facemos uso do método máis tradicional de lapis e papel, senón que nos servimos de tablets e outros conxuntos tecnolóxicos para abordar tódolos eidos que nos parecen relevantes; e dentro deste mundo non podíamos xa que logo, centrarnos tan so na estimulación cognitiva máis directa, senón que vamos achegar outro tipo de recursos web, como o uso de redes sociais online, para que os maiores acaden a integración que buscamos e que podan sentirse cómodos neste campo.