A continuación plantéxanse unha serie de actividades variadas, divididas en seis categorías diferenciadas aínda que fortemente relacionadas entre elas: atención, memoria, linguaxe, cálculo, gnosias e función executiva.

Traballarase con dous niveis de dificultade predeterminados en función do grao de deterioro, aínda que se poderá facer unha configuración a medida para adaptarse ás necesidades específicas de cada persoa.