Xogos na rede

O xogo é unha das actividades máis primarias e importantes que desenvolveu o ser humano. Pode estar presente ó longo de toda a vida dunha persoa. Ten unha profunda relación co desenvolvemento non so de aptitudes e capacidades intelectuais, senón tamén co desenvolvemento de estados emocionais máis equilibrados, libres e felices. O xogo ademais permítenos aprender a importancia da convivencia e do lidiar coas decisións ou intereses do outro.

Sempre que se fala de xogo faise referencia a todas aquelas accións que teñen como fin o entretemento, a diversión e a alegría. De feito, é coñecido por todos que o xogo permite desenvolver diferentes estados de ánimo, poñer  a proba coñecementos e recibir máis información e aprender, así como elaborar estratexias. Todo isto fai que as persoas poidan medrar a nivel intelectual, mental, emocional, física e social a partir do xogo.

Algúns xogos en internet para maiores...